Muñoz Molina, Antón Riveiro e Slimani, entre os finalistas do San Clemente de novela

Agencias

Antonio Muñoz Molina, Leila Slimani e o galego Antón Riveiro Coello son algúns dos finalistas do XXVIII Premio Arcebispo Juan de San Clemente de novela, que se presentou onte no IES Rosalía de Castro de Santiago.

Os finalistas desta edición déronse a coñecer onte nun acto no que participaron o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o director do IES Rosalía de Castro, Xavier Mouriño; a xefa de departamento de Lingua Castelá do centro e coordinadora do Premio San Clemente, Marta Gende, e a profesora de Lingua Galega, Sira Vidal.

As obras finalistas na categoría en galego son Hotel Carioca, de Antón Riveiro Coello e editado por Galaxia; Diario de dúas casas, de María Villamarín co selo de Euseino? Editores; e Ou ano das mazas, obras de Montse Ferreira Fervenza, publicado por Xerais. O San Clemente en castelán decidirase entre La naturaleza secreta de las cosas de este mundo, do arxentino Patricio Pron e editada por Anagrama; Literatura infantil, do chileno Alejandro Zambra e tamén de Anagrama; e No te veré morir, volume do andaluz Antonio Muñoz Molina, lanzado por Seix Barral.